Contade a vosa idea
Primeira conversa gratuíta e sen compromiso.
PULO PROXECTO / SANTIAGO DE COMPOSTELA
Convertemos a vosa idea nun proxecto europeo e encargámonos de desenvolver a candidatura. Erasmus+, mobilidade xuvenil, educación non formal e participación.
Solo cobramos se o proxecto é aprobado e recibe financiación.
01 O PUNTO DE PARTIDA
Moitas organizacións teñen ideas, necesidades ou proxectos que poderían atopar financiación europea, pero preparar unha candidatura require tempo, coñecementos específicos e unha boa planificación.
Hai que atopar o programa axeitado, definir obxectivos, deseñar actividades, estruturar o proxecto, elaborar o orzamento, preparar a documentación e, en moitos casos, traballar con organizacións doutros países.
Vós coñecedes a vosa realidade. Nós sabemos como convertela nun proxecto europeo.
02 O CAMIÑO
Primeira conversa gratuíta e sen compromiso.
Identificamos programas e convocatorias que poidan encaixar.
Convertemos a idea nun proxecto sólido e preparamos a documentación necesaria.
Acompañamos a organización durante o proceso de presentación.
O modelo de colaboración está vinculado ao éxito do proxecto.
03 ÁMBITOS DE TRABALLO
Traballamos especialmente en proxectos europeos relacionados coa xuventude, a mobilidade, a educación non formal e a participación.
Proxectos que reúnen a xoves de distintos países para aprender, convivir e traballar conxuntamente ao redor dunha temática común mediante metodoloxías de educación non formal.
Proxectos de mobilidade e aprendizaxe nos que a viaxe por Europa se converte nunha ferramenta para descubrir, aprender, compartir experiencias e coñecer outras realidades.
Axudamos a transformar iniciativas xuvenís con impacto local en proxectos estruturados que poidan presentarse ao Corpo Europeo de Solidaridade.
Poden abordar cuestións sociais, culturais, medioambientais, educativas ou comunitarias.
Axudamos a organizacións que queren desenvolver proxectos de cooperación con entidades doutros países.
04 CON QUEM TRABALLAMOS
O importante é ter unha idea, unha necesidade ou un proxecto que poida ter sentido dentro dunha oportunidade europea.
05 O MODELO DE COLABORACIÓN
Non pagades por adiantado. Solo cobramos se a proposta é aprobada e recibe financiación.
As condicións económicas acórdanse previamente e quedan definidas antes de comezar a traballar.
Contade a vosa idea06 PREGUNTAS FRECUENTES
Se non atopas aquí o que buscas, podemos empezar falando da vosa organización.
Non existe custo inicial para desenvolver a proposta. Os honorarios cóbranse unicamente se o proxecto resulta aprobado e recibe financiación, segundo as condicións acordadas previamente.
Se a candidatura non recibe financiación, non se xeran honorarios polo traballo de candidatura, segundo as condicións acordadas previamente.
Non. A primeira conversa é gratuíta e sen compromiso.
Non. Traballamos con asociacións, ONG, entidades xuvenís, organismos públicos e outras organizacións que poidan beneficiarse dos programas de financiación europea.
Non. O servizo adáptase ás necesidades de cada entidade: desde a identificación de oportunidades e o deseño do proxecto ata a redacción da candidatura e o acompañamento.
Non necesariamente. Podemos empezar falando da vosa organización, do que facedes e das vosas necesidades para identificar posibles oportunidades.
Non. Podemos traballar con organizacións que se achegan por primeira vez aos programas europeos.
Dependendo do proxecto, podemos axudar a identificar posibles organizacións colaboradoras e orientar sobre o proceso.
Non. Ningunha consultora pode garantir a aprobación dunha candidatura. O noso traballo consiste en desenvolver unha proposta sólida, coherente e aliñada cos criterios da convocatoria.
07 EXPERIENCIA PROPIA
Antes de axudar a outras organizacións, desenvolvemos os nosos propios proxectos europeos.
Non só sabemos redactar proxectos: tamén coñecemos de primeira man como se desenvolve e xestiona un proxecto europeo.
Deseño do proxecto, redacción da candidatura e xestión das actividades de educación non formal en Santiago de Compostela.
Proposta aprobada e proxecto desenvolvido con éxito.
Deseño da mobilidade, redacción da candidatura e acompañamento durante todo o desenvolvemento do proxecto.
Candidatura aprobada na primeira convocatoria presentada.
O SEGUINTE PASO
Contade connosco que queredes facer e analizaremos xuntos se existe unha oportunidade de financiación axeitada.
Primeira conversa gratuíta e sen compromiso.
Ou escríbenos a: info@puloproxecto.es